Vigo acelera para superar a barreira dos 30.000 doantes de órganos

Manu Otero VIGO / LA VOZ

VIGO

Manu Otero

O 25% dos doantes galegos son da área de Vigo

27 jun 2017 . Actualizado ás 13:24 h.

A área sanitaria de Vigo presentou esta mañá o reto 30.000. Unha camapaña que ten como obxectivo acadar esa cifra de doantes antes de que finalice o ano. Polo momento contan con 27.900 doantes pero tanto o xerente da EOXI de Vigo, Felix Rubial, como o presidente de Adrovi (asociacion de doantes e receptores de órganos), Celso García confían en acadar esa cifra. 

«É alcanzábel» sinala Rubial. Para conseguilo colocarán caixas de correos en todos os hospitais e centros de saúde da área de Vigo para que os interesados poidan solicitar o seu cartón da forma máis rápida e sinxela. «A xente saber ser xenerosa», apela o sanitario. 

«Fai falta de todo, pero ou que máis son vos riles porque a xente vai aguantando coa diálese. Ou fígado, pulmón ou corazón senón ou reciben rápido non aguantan», explica o presidente de Adrovi moi concienciado coa fonación desde que recibiu un fígado fai vinte anos. 

«Vos milagres si que existen» asegura Celso en referencia aos transplantes. «Vos organos non serven para nada, quéimanse, e podar salvar vidas mellor», conclúe un Celso que seguirá loitando para que todo o que o necesiten corran a mesma sorte que el.