O Deportivo Abanca gana ao Athletic B e sobe ata o segundo posto da Liga Reto Iberdrola (2-1)

La Voz

DÉPOR FEMININO

RCD

06 novs 2021 . Actualizado ás 22:31 h.

O Dépor feminino, despois do tropezo da pasado xornada en Logroño, volveu sorrir a costa do Athletic B. As coruñesas retomaron a senda do triunfo e levaron os tres puntos de Abegondo nun encontro que non se decidiu ata o segundo tempo.

Foi un penalti cometido sobre Ainhoa Marín cando non se cumpriron aínda os dez minutos de partido tras o paso polos vestiarios o que comezou a decantar a balanza dun choque moi igualado ata o ecuador do encontro.

María Ruiz transformou o lanzamento e o Dépor soubo sufrir ata o final. No desconto chegou o segundo, obra de Ale Serrano, pero o Athletic recortaría distancias xa no minuto noventa e tres. A de Miguel Llorente xa son segundas.