O Dépor asegura o campionato de inverno

La Voz

DÉPOR FEMININO

MARCOS MÍGUEZ

O Deportivo goleou ao Friol (7-1)  cun hat trick de Jone

10 dic 2017 . Actualizado ás 23:18 h.

O Deportivo completou unha primeira volta da Liga de Segunda División practicamente perfecta. 12 vitorias e só 1 tropezón, o empate contra o Monte. 82 goles a favor en 13 encontros. Números de campión de inverno.

A súa última vítima foi o Friol (7-1) nun partido moito máis complicado do que reflicte o marcador. As lucenses lograron empatar o partido no minuto 39 e só no tramo final conseguiu despegarse. Foi cun hat trick de Jone e outro tanto de Estefi en apenas 9 minutos.