O Deportivo golea ao Victoria na Copa Galicia

La Voz

DÉPOR FEMININO

MARCOS MÍGUEZ

Nuria Rábano reapareceu tras a lesión sendo unha das destacadas do triunfo (0-5)

12 oct 2017 . Actualizado ás 22:35 h.

O Deportivo goleou ao Victoria na Grela (0-5) na segunda xornada da primeira fase (formato de liguiña, grupos norte e sur) da Copa Galicia, co que se clasificou para as semifinais da competición. O equipo branquiazul xa gañaba dous a cero aos dez minutos de xogo. Na súa reaparición tras a lesión, Nuria deu varias asistencias de gol.