Mackay: «Nada ten que ver un 'play off' cun partido de liga»

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

Ian Mackay
Ian Mackay CESAR QUIAN

O porteiro do Deportivo avisa de que son encontros «máis longos, de 180 minutos, e nos que os pequenos detalles marcan a diferenza para lograr o ascenso»

31 may 2023 . Actualizado ás 11:31 h.

Bregado en mil batallas, Ian Mackay insistiu este mércores na necesidade de que o Deportivo chegue nas mellores condicións físicas e mentais para unha fase de ascenso en que se xogará toda a tempada. Subliñou que un play off «nada ten que ver cun partido de liga. Son 180 minutos, e, se somos fortes en casa, obteremos un bo resultado para o partido de volta, pero nada estará decidido». Neste sentido, recoñeceu que o labor dos futbolistas máis veteranos, como el, Álex Bergantiños, Pablo Martínez Lucas Pérez, debe ser «axudar aos máis novos a entender que son partidos máis longos e que os pequenos detalles marcarán a diferenza de cara a se logramos o ascenso ou non. Hai que darlle importancia a cada balón e que cada mínimo detalle se acabe inclinando de o noso lado», explicou.

O gardameta do Deportivo recoñécese con «moitas ganas de que chegue o domingo» para enfrontarse ao Castelló, pero, avisa, «tamén hai que saber acougar nervios e saber chegar a estes partidos. Desde o punto de vista persoal teño moitas ganas de que chegue este partido e irnos contentos de Riazor», sinalou. 

Cuestionado por cal sería un bo resultado para este encontro de ida, Mackay afirmou que oxalá se dea un resultado amplo a favor do Deportivo. «Oxalá sexa un 4-0 como o do outro día contra o Alxeciras, pero vai ser máis complicado, haberá un ambiente diferente, e eles tamén van vir a sacar un bo resultado», advertiu. A baixa de Quiles non mingua a confianza do porteiro do Deportivo, que chamou aos seus compañeiros a dedicarlle o ascenso. «Sabemos que é un xogador moi importante, un sinónimo de gol. No campo asústeme moito cando se lesionou, pero a realidade é que non podemos contar con el. Oxalá poidamos REVISAR dedicarlle o ascenso», repetiu.