Miguel Llorente é o novo adestrador do Deportivo Abanca

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

RC Deportivo

Xogou a fase de ascenso a Primeira Iberdrola con o Barcelona feminino B

28 jul 2021 . Actualizado ás 15:11 h.

O Deportivo fixo oficial a chegada de Miguel Llorente, que adestrará ao equipo feminino. 

Llorente adestrou catro tempadas ao Barcelona feminino B. O conxunto azulgrana chegou a disputar a fase de ascenso a Primeira Iberdrola quedando en cuarta posición e consolidándose como un dos equipos máis fortes da segunda categoría. A principios de curso, o equipo, cun grupo de futbolistas moi novo, completou o Grupo Norte B de Reto Iberdrola en terceiro lugar.

O novo técnico non é partidario do liderado abusivo dos adestradores,o típico «aquí dise o que mando eu porque son o adestrador». Prefire un sistema de comunicación máis próximo coas xogadoras, querendo coñecer a persoa detrás do futbolista, sen carácteres autoritarios e mantendo o mesmo nivel de importancia no ecosistema que forma o equipo. É o que o técnico promove na súa empresa de formación, asesoría e coaching, Aktua.

Miguel Llorente chega tras celebrarse esta mañá a rolda de prensa de Manu Sánchez, agora ex adestrador branquiazul, que se despediu do club aceptando a decisión de rescindirlle o contrato.