Raí Nascimento: gústalle gañar e competir sempre

Toni Arranz

TORRE DE MARATHÓN

RCD

27 ene 2021 . Actualizado ás 20:13 h.

Raí destaca futbolísticamente pola súa gran capacidade de desborde. É moi rápido e ten un gran disparo. Recordo que nun partido co Eivissa fixo un gol bellísimo nun córner a favor. Desde fóra da área recolleu o rexeite e xutou por toda a escuadra. Eu, como mediocentro, buscáballe moito ao espazo, porque ataca ben as costas dos rivais. Ademais, nun partido feo é capaz de cambiar o ritmo e sorprender a todos. É un futbolista brasileiro, pero non é fráxil. Ten un tren inferior moi forte e imprime un ritmo moi potente cando leva o balón. Esta non é a típica cualidade de Neymar ou Robinho, que son máis de habilidade. Raí destaca polo seu desborde por potencia: faiche a bicicleta e sae rápido co balón.

No Eivissa xogaba sempre en banda, tanto na esquerda como a dereita. É destro, así que pola esquerda trata de aproveitar para o disparo, mentres pola dereita é máis de driblar e centrar.

No trato é unha alegría. Recordo que no vestiario bailaba moito. Fai grupo e é moi bo mozo, disposto sempre a escoitar aos veteranos. Tamén tiñamos a un mozo africano connosco e os dous bailaban música brasileira ou tamén máis comercial de España. Pero sempre desde un carácter moi xuvenil, alegre e que che dá confianza nel. Véxoo no Deportivo asumindo responsabilidades, porque igual que no vestiario é bromista, no campo ten moita personalidade. Gústalle gañar e competir sempre. Cre moito nas súas cualidades.

Toni Arranz é futbolista do CD El Ejido e foi compañeiro de Raí a pasada tempada no Eivissa