Málaga - Deportivo: onde, cando e como ver o partido

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

O conxunto branquiazul enfróntase a un rival directo na loita pola permanencia

08 jul 2020 . Actualizado ás 11:07 h.

O Deportivo buscará esta noite en Málaga pechar a permanencia e, consumado o milagre, poder dedicar o resto do curso (un excedente de tres partidos a disputar en dez días) a puír canteiráns e coquetear todo o posible co soño da promoción cara a Primeira.

Horario do partido

O partido na Rosaleda disputarase ás 19.30 horas. Un horario no que está garantida unha alta temperatura. Detalle que Fernando Vázquez non quixo pasar por alto: «Preocúpame a saúde dos xogadores. Tomouse a decisión de atrasar o inicio duns cantos partidos e sorprendentemente en Málaga non se fixo. Os intereses televisivos non poden estar por amais da saúde dos xogadores e nese sentido sinto que o Deportivo está discriminado.

Televisión

O partido correspondente á xornada 39 en LaLiga SmartBank poderase seguir en aberto a través de Gol Tv. Ademais poderás seguir o minuto a minuto a través de Torre de Marathon na web de lavozdegalicia.es .

Árbitro

Dirixirá o encontro José Antonio López Toca, do Comité Cántabro. O árbitro de VAR será Gorka Sagués Oscoz.

Once do Deportivo

Málaga e Dépor comparten horas baixas, aínda que o conxunto andaluz parte dunha cota inferior. Por puntos (dous menos) e recursos económicos. A simetría acada á proposta, e Fernando Vázquez alterará a súa para comprometer a rival. Probablemente, buscará maior control do xogo, dotando a Aketxe e Gaku de compaña en zona de creación. Çolak podería contar con eses minutos dos que non acaba de dispor.