O 1x1 do Deportivo - Cádiz

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

César Quian

19 ene 2020 . Actualizado ás 18:09 h.

O mellor

Gaku: 8

Non lle pesaron os 300 minutos disputados en apenas unha semana. Deu unha asistencia fenomenal a Sabin Merino para que este fixese o 1-0.

Dani Giménez: 6

Prometeu dosificar os recortes na área e cumpriu sacando o balón do xeito máis directo. Polo demais, tivo pouco traballo e liquidouno sen moito problema.

Bóveda. 6

Tratou de dar profundidade á súa banda, especialmente tras a lesión de Salva Ruiz na oposta. Cumpriu sen estridencias e non se complicou en defensa.

Mujaid: 7

Segue co seu crecemento, perfectamente adaptado á liña de cinco. Con personalidade na condución e o corte e moi ben nas coberturas.

Somma: 7

A praza de peche séntalle moi ben. Corrixindo erros dos seus compañeiros e moi atento nas marcas. Sen problemas tampouco na saída de balón.

Montero: 6

Algo nervioso no primeiro tramo do choque, foise tranquilizando co paso dos minutos e acabou case ao nivel dos seus compañeiros na zaga.

Nolaskoain: 7

Estivo máis impreciso que noutros partidos coa pelota en loso pés, pero ofreceu sempre unha saída aos seus compañeiros e cumpriu en labores de contención.

Aketxe: 7

Outro que parece inesgotable. Moi ben nas axudas e aínda que pecou de certo individualismo serviu de referente para o inicio de xogada. Buscou moito o disparo.

Mollejo: 6

Peléxao todo. Non dá un balón por perdido e a súa voracidade é contaxiosa. Volveu ter a súa rifa de costume cos rivais, para os que é moi incómodo.

Sabín Merino: 8

De novo como referencia en punta e tan inspirado como fronte ao Racing. Meteu a máis clara e exhibiu a súa capacidade para xogar de costas a portería.

Luis Ruiz: 6

Saltou ao céspede ao pouco de iniciarse o encontro debido á lesión de Salva. O Cádiz atacou moito pola súa banda e el aguantou as acometidas.

Vicente: 5

Fernando Vázquez enviou ao canario ao campo para aumentar o control do xogo co equipo en vantaxe. O centrocampista cumpriu o seu papel.

Bergantiños -

Outra lesión, esta de Peru, alterou os plans do técnico, que pensaba introducir a Beauvue e acabou recorrendo ao capitán. Non dispuxo de moito tempo.

Non foi o seu día

Salva Ruiz: 5

Aguantou un cuarto de hora no campo antes de retirarse por un problema muscular. Apenas tempo para filtrar un gran pase para Merino.