Desta sairá máis forte, a Bicho queda moito fútbol por dar

Dani Iglesias

TORRE DE MARATHÓN

CESAR QUIAN

13 sep 2019 . Actualizado ás 16:53 h.

Foi o fútbol o que nos xuntou aos trece anos e o que nos fixo inseparables. O que nos fixo debutar, xuntos, en Riazor, despois de levarnos xuntos a unha inesquecible concentración de pretemporada, na que vimos pasar semanas cruzando os dedos para que o club seguise sen fichar.

Aos poucos foise achegando o día do primeiro partido oficial e crecían as ilusións: «Só unha semana máis». Eu era só un ano maior, pero Bicho xa era o neno bonito daquel vestiario. Polo seu bo carácter, por esa forma de ser. E por ese talento impresionante. Todo o que facía co balón era espectacular. Saïamos de adestrar e tiña a todo o vestiario pendente, xogamos o Teresa Herrera e marcouse un partidazo contra o Madrid. Aí xa todo o mundo empezou a falar del. 17 anos e unha responsabilidade enorme. Dicíanlle que ía ser o próximo Fran.

Pero logo chegaron as fichaxes de inverno que reducían o espazo para a canteira, e o regreso ao Fabril. Iso non é sinxelo cando subiches tanto e tan rápido, sendo tan novo, ademais.

Aínda era xuvenil cando llo levou o Barcelona para xogar no filial. Non o pasou ben. Falabamos moito por teléfono. É moi difícil dalo todo no campo cando estás lonxe de casa e séntesche mal. E en Leganés, algo parecido. Eu estaba no Guadalaxara e xuntabámonos moito con Pablo [Insua] para ir ao cine ou para comer. Falabamos pouco de fútbol, porque non había moito de que falar.

Ese físico seu nunca lle axudou, porque o xogo de agora fai que o talento sexa cada vez máis secundario. E logo as lesións complicáronllo aínda máis. Pero con todo, é imposible entender que non haxa un equipo para un futbolista como el. Ten 23 anos e é incriblemente bo. Só lle fai falta sentir que confían nel.

Sexamos realistas: neste deporte parece que se pasan dous anos e non chegas arriba, xa se acabou. Pero el empezou pronto. Que vas facer se aos 18 chámache o Barça B, en categoría profesional. Isto de agora só é unha fochanca do que sairá máis forte porque queda moito por dar. Que estea triste é normal, como a calquera que lle quiten o seu traballo, pero vivimos moitas e volverá xogar e a gozar.

Dani Iglesias debutou xunto a Bicho en Riazor e milita no Rijeka