Oficial: Insua, novo xogador do Huesca

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

O central galego ficha polo conxunto oscense onde xa militou a pasada campaña

21 ago 2019 . Actualizado ás 19:08 h.

Pablo Insua é novo xogador do Huesca para a tempada 2019-2020, despois de que o equipo aragonés e o Schalke 04 -club propietario dos seus dereitos- chegasen a un acordo definitivo esta tarde. O xogador chega en préstamos pero o equipo español terá unha opción de compra a final de tempada se desexa facerse cos seus servizos de xeito definitivo.

O arzuán aínda se está recuperando da súa rotura de ligamento cruzado polo que aínda non poderá estar ás ordes dun Míchel que necesitaba con urxencia fortalecer o centro da defensa, onde só tiña a dúas centrais dispoñibles. 

Insua, canteirán do Deportivo que chegou a ser nomeado mellor defensa da categoría de prata no 2014, ten agora 25 anos e fai dous veráns abandonou a entidade coruñesa rumbo ao Schalke 04. O equipo alemán desembolsou algo máis de 3 millóns de euros ao Deportivo naquela operación. As cousas non lle foron ben na conca do Rhin e marchouse cedido ao Leganés. O curso pasado, xa no Huesca, xogou como azulgrana un total de 12 partidos.