Longo entra na convocatoria de 20 xogadores do Deportivo para recibir ao Oviedo

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

César Quian

Tamén figuran na lista Diego Rolan e o fabrilista David Sánchez

17 ago 2019 . Actualizado ás 17:35 h.

David Sánchez é o único xogador do filial que superou a penúltima criba de Anquela. O fabrilista coouse na longa convocatoria facilitada polo técnico de cara ao encontro de mañá ante o Oviedo. Fóra quedaron Mujaid, Javi Sánchez e Gandoy, que si se exercitaron co primeiro equipo en Abegondo.

Na lista de vinte xogadores ofrecida polo adestrador do Dépor para o primeiro duelo oficial da tempada aparece tamén Samuele Longo despois de que o club recibise o transfer do dianteiro italiano, quen asinou onte a súa cesión ata final de curso. Figura ademais Diego Rolan, un dos xogadores sobre os que máis se especulou en canto á súa posible saída e que non contou con demasiados minutos nos amigables de precampaña. Antes do duelo de Riazor, fixado para as 18 horas, Anquela aínda terá que facer outros dous descartes.