O mellor Deportivo ata o momento

José Manuel Pose

TORRE DE MARATHÓN

César Quian

13 jun 2019 . Actualizado ás 01:06 h.

O feito de que o Deportivo empatase tan rápido despois de pórse por detrás no marcador foi un punto de inflexión que conduciu ata unha remontada moi celebrada. Ata ese momento o Málaga fora superior en Riazor.

En canto ao xogo houbo dúas partes diferenciadas. A primeira, que durou 20 minutos, cun Málaga que veu facer o que fixo nas seis últimas xornadas: un equipo controlador, absolutamente superior ao rival. Pero a partir do penalti o partido foi outro. A pesar do gol de Ontiveros -mal defendido polo Deportivo-, o equipo xa se creceu.

As decisións tácticas por parte do Málaga tamén axudaron. Botáronse atrás, quixeron controlar desde aí e pagaron caro o erro. Isto, unido a un Dépor que se envorcou totalmente en busca da vitoria, levado tamén polo aire polos 24.000 afeccionados que onte se deron cita en Riazor. Non só conseguiron darlle a volta ao marcador, senón que a vantaxe nos fai ser optimistas, canto menos, para o partido de volta na Rosaleda.

Sería inxusto destacar a un xogador por amais doutro porque o equipo estivo a unha altura enorme. Foi o mellor partido da tempada con diferenza. Volvemos a ver ao Deportivo que ansiabamos ver.