Cartabia e Carlos seguen sen a alta médica, pero non están descartados para xogar fronte ao Extremadira

La Voz A Coruña

TORRE DE MARATHÓN

ANXO MANSO

O club recoñece que a última sesión será clave para determinar se chegan a tempo

19 abr 2019 . Actualizado ás 15:39 h.

A penúltima sesión de adestramentos do Deportivo, antes de recibir o domingo ao Estremadura en Riazor, deixou xa dúas baixas seguras (David Simón e Kronh-Dehli) e dúas dúbidas. Tal e como sinalan desde o propio club deportivista, Carlos Fernández e Fede Cartabia, «aínda que adestran co grupo, seguen sen alta médica; á espera do adestramento de mañá sábado 20 de abril ás 11:00 en Riazor».Os dous adestráronse este venres co readaptador, Fran Molano.

José Luis Martí, técnico deportivista, rebaixou a intensidade do traballo e só dedicou os primeiros 15 minutos a traballar as accións a balón parado. A continuación, no campo 3, o persoal realizou rondos e unha serie de xogos con balón.

Tanto Carlos como Fede, dúbidas para este domingo, son dos habituais da enfermería branquiazul. Cartabia só puido axudar ao Deportivo en 22 partidos, nos que só na metade puido ser titular. Desde o 22 de marzo, só puido achegar 24 minutos de xogo (en Oviedo). Pola súa banda, Fernández só puido disputar 17 partidos, apenas 5 desde a xornada 16. A súa última aparición foi contra o Raio Majadahonda, partido que acabou tocado.