Vota: Bóveda ou David Simón?

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

GONZALO BARRAL

O rendemento do canario nos últimos partidos ofrece dúbidas, fronte a un Eneko que ten un perfil menos ofensivo á hora de adaptarse ao rombo

03 abr 2019 . Actualizado ás 19:50 h.

Simón non atravesa o seu mellor momento, e o partido do Tartiere ante o Oviedo é o último sinal. O canario conta con maior percorrido que Eneko Bóveda, á hora de incrustar o seu papel no rombo, pero o seu estado de forma permite exporse a dúbida: Seguir apostando por Simón ante o Raio Majadahonda ou facelo por un perfil distinto como o de Bóveda?