O Fabril busca consolidar a súa reacción en casa do Salmantino

a Voz

TORRE DE MARATHÓN

EDUARDO PEREZ

O equipo viaxa coa renovada confianza tras a vitoria ante o Burgos

16 feb 2019 . Actualizado ás 20:09 h.

O Fabril de Luisito disputa este domingo un encontro crave de cara a consolidar a súa reacción en casa dun adversario que marca, precisamente, o límite cos postos de permanencia no grupo 1 de Segunda B.

O conxunto branquiazul vén de derrotar con claridade ao Burgos na estrea do seu novo técnico, recuperando esperanzas de cara a un pequeno milagre que lle permita salvar a categoría tras un pésimo primeiro tramo de campionato no que só puido cultivar tres vitorias. Un destes triunfos produciuse, precisamente, fronte ao adversario do duelo desta tarde (17 horas, estadio Helmántico). Na ida, os coruñeses derrotaron ao Salmantino por 1-0 con gol de Quique Fornos nunha acción de estratexia.

O conxunto charro non atravesa un bo momento e afronta o encontro tras caer pola mínima no derbi fronte ao Guijuelo.