Complicado duelo para o Dépor feminino en Santander

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

MARCOS MIGUEZ

16 feb 2019 . Actualizado ás 20:40 h.

O Deportivo feminino ten este domingo, a partir das 12.15 horas, un complicado encontro en casa do Racing Mulleres. Unha cancha na que o conxunto de Santander non está a dar facilidades e venceu en seis dos oito encontros disputados. O equipo branquiazul buscará alí proseguir co fenomenal refacho de resultados que o mantén líder intratable e ampliar talvez a distancia sobre un Oviedo Moderno que visita o campo do Victoria .