Albentosa deixa de ser xogador do Deportivo

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

Gonzalo Barral

Pacta co club a rescisión do seu contrato un ano e medio antes de que finalizase

23 ene 2019 . Actualizado ás 23:57 h.

Albentosa xa non é futbolista do Deportivo. Así o anunciou o club, cun comunicado no que aseguraba que chegara a un acordo co xogador para rescindir o contrato que os unía ata o 30 de xuño de 2020.

Segundo explica a entidade branquiazul, con esta rescisión de contrato «afórrase así os custos salariais do futbolista desta e a próxima tempada, ademais de reservarse un beneficio económico en futuras operacións».

Esta sorprendente decisión chega despois de que o Deportivo recuperase ao futbolista hai unhas semanas cando se atopaba cedido no Nàstic. Nese momento, o club tiña intención de cedelo ou traspasalo, pero onte pola noite anunciou a rescisión, dous anos e medio despois de aterrar na Coruña.