Un debate esaxerado

Juanjo Vila

TORRE DE MARATHÓN

21 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Sen unha estrutura definida, o último alicerce non pode soster todo o edificio. Foi o que sucedeu ao Dépor e a Rubén durante a tempada pasada. Pareceume un debate esaxerado o que se estableceu ao redor da portería. Podo falar con coñecemento del, porque o adestrei cinco anos cando era un neno e sempre llo puxen ao meu fillo como exemplo de superación e perseveranza. Na miña opinión, a súa tempada foi buenísima. Se só nos quedamos co seu fallo contra o Valencia, tamén poderiamos facelo co penalti que lle parou a Messi, pero creo que a media xeral nos ofrecería que habitualmente xogou por amais do rendemento do Deportivo. Se algo se lle pode achacar a Rubén, é o seu talante esixente e supercompetitivo. Así curtió o seu carácter na Masía, onde chegara desde o seu pobo cando só acababa de rematar Primaria. Estou seguro de que o sábado xogará en Riazor coa mesma tranquilidade que o facía no campo do Coristanco.