Borja Vale: «Este ano as decisións tómanse polo ben do grupo»

EFE

TORRE DE MARATHÓN

GONZALO BARRAL

O berciano advertiu en rolda de prensa do perigo de visitar ao pechacancelas da categoría

16 oct 2018 . Actualizado ás 16:30 h.

O xogador Borja Vale, extremo do RC Deportivo, advertiu hoxe de que ao equipo coruñés agardaralle o vindeiro sábado en é estadio O Arcanxo un Córdoba que se xoga a vida» porque está nas posicións de descenso a Segunda B e augurou que por iso «será un partido complicado».

«A súa situación é complicada, o Córdoba xógase a vida e será un partido complicado», comentou nunha conferencia de prensa.

O futbolista branquiazul congratulouse de que o Deportivo teña tido un bo inicio de tempada despois do descenso do curso pasado e os cambios que se produciron no club e o vestiario.

«Penso que hai tempo que non se vía un equipo cunha identidade fixa, cunhas ideas, con ambición, con fame e o que o rodea todo é a humildade, o grupo, que prevalece por amais de todo. As cousas que poden vir e que están a vir son positivas», declarou.

Val explicou que «o grupo» co que conta agora o Deportivo «é moi diferente ao que había» a tempada pasada.

«A xente, a idea e o pensamento é moi diferente. Non digo que sexa mellor ou peor pero si que é moi distinta. Creo que este ano as cousas se teñen máis claras e as decisións tómanse polo ben do grupo e creo que iso é moi positivo», afirmou.

O dianteiro deportivista considerou razoable que a tempada pasada nalgún momento puidese «faltar» unión entre o persoal e a afección.

«A separación entre certa afección e os xogadores é consecuencia dos malos resultados, as malas decisións. É entendible cando unha afección ve que o seu equipo e o seu escudo non está onde ten que estar e non están facendo as cousas como un desexa», sostivo.

A nivel persoal mostrouse «contento» por ter superado unha fisura nun dedo do pé dereito, unha lesión da que se recuperou «ben» tras case un mes e medio de baixa.