O equipo xuvenil queda eliminado tras caer goleado en Bilbao

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

MARCOS MÍGUEZ

Contundente derrota en Lezama por catro goles a cero

19 may 2018 . Actualizado ás 22:13 h.

O equipo xuvenil do Deportivo xa está de vacacións. Subcampións do seu grupo de División de Honra, o equipo de Rubén Coméndez afrontaba a Copa do Rey como un bálsamo para mellorar o rendemento demostrado a tempada pasada, cando acadaron os cuartos de final. Con todo, atopáronse cun Athletic que os superou con claridade: 3-4 en Abegondo e 4-0 en Lezama. Na volta, os coruñeses debían buscar a xesta, pero foron encaixando golpes co paso dos minutos: Urain (minuto 25), Kenan (50), Estrada (55) e Sancet (60). Partido sen historia no que o Athletic foi superior.

Triste final para a xeración do 99. Toca cambio de ciclo.