Lopetegui lembra as súas paradas ao Súper Dépor

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

O seleccionador nacional visitou o programa 'A Resistencia' e lembrou un partido fronte aos coruñeses da tempada 92-93

18 may 2018 . Actualizado ás 19:48 h.

O seleccionador nacional, Julen Lopetegui, visitou o programa 'A Resistencia' presentado polo humorista David Broncano. O adestrador do combinado español repasou a actualidade da selección e tamén a súa traxectoria a poucos días de confeccionar a lista definitiva para o Mundial de Rusia .

O exportero de Real Madrid, Logroñés, Barcelona e Raio Vallecano lembrou algunhas das súas grandes paradas durante a súa estancia en Logroño, unha das máis frutíferas da súa carreira e que lle valeu para fichar polo FC Barcelona

A través dun vídeo lembraron aquelas estiradas da súa etapa como gardameta sobre o maltreito céspede das Gaunas. O Deportivo ocupaba un lugar destacado nese resumo. Bebeto, López Rekarte ou Fran trataban de perforar as redes do equipo local (minuto 6:50 do vídeo). Non o lograron nos vídeos seleccionados polo programa pero si naquel partido. Bebeto abriu o marcador naquel 6 de decembro do ano 1992 e posteriormente faríaos Claudio por partida dobre. O resultado final foi de 0-3. Victoria dos de Arsenio sobre o cadro entón adestrado por Miguel Ángel Lotina.

«Véxome así e non me recoñezo» dixo o seleccionador que tratou de esquivar todas as preguntas lanzadas polo presentador. 

O vindeiro luns a Federación Española de Fútbol confirmará quen son os 23 seleccionados por Lopetegui para asistir ao Mundial de Rusia despois de ter sido posposta a data inicial anunciada para coñecer aos integrantes da lista.