Dar a cara ata o último minuto

José Manuel Pose

TORRE DE MARATHÓN

MARCOS MÍGUEZ

12 may 2018 . Actualizado ás 23:27 h.

O partido acabouse no minuto 1, así que me pareceu curto, porque só durou ata o primeiro gol do Vilarreal. O tanto puxo de manifesto os mesmos erros de principio de tempada, cando o Deportivo permitía aos rivais achegarse con comodidade á súa portería. Sempre foi un equipo inferior ao seu rival e iso quedou patente no segundo e o terceiro goles, que chegaron en momentos clave, e o certo é que o Deportivo estivo mal en todos. Na segunda parte, co partido entregado por parte local, a entrada de Bakkali deu máis verticalidade e iso, unido á pasividade do Vilarreal (sobre todo no remate) e a frialdade do choque, estivo a piques de custar caro aos visitantes. Unha acción a balón parado e unha boa xogada por parte do Dépor apertoulles o resultado e só o último gol mostrou de novo a superioridade do cadro amarelo.

En canto a ausencias e presenzas, destacaría que houbo dous futbolistas que deron a cara ata o último minuto do último partido, e paréceme xusto destacalos. Foron Adrián e Lucas. Sempre corren e sempre traballan. Para empezar, non se borraron nun compromiso moi tentador para facelo. Partidos como o de onte son nos que algúns futbolistas do seu mesmo perfil non queiran estar. Xa simplemente o feito de que saian ao campo demostra certa implicación pola súa banda, e iso paréceme rescatable con relación a outros xogadores.

E, a maiores, houbo unha boa noticia que non pode sorprender aos que coñecen a base: o debut de Mujaid, xa toda unha realidade no Deportivo. Á marxe de ambos, só se pode falar de Borja Vale, unha valiosa peza sempre que teña dispoñibilidade de seguir en Segunda. Ao final, queda a dúbida das razóns en que se basean algunhas decisións e por que ata agora non tivera máis protagonismo.