O sistema do Xirona

Miguel Ángel Lotina

TORRE DE MARATHÓN

Domenech Castelló | Efe

09 mares 2018 . Actualizado ás 17:41 h.

Con este sistema non nos pomos de acordo nin co nome, moitos lle chaman 3-5-2, ou 5-3-2, pero a min o Xirona paréceme máis preto dun 3-4-3, sobre todo mentres domina o balón ou presiona arriba. Guardiola está utilizando este sistema, primeiro no Bayern e agora no City, e o Chelsea leva dous anos xogando así. O problema é cando che repliegas, porque é suicida defender con tres xogadores todo o ancho do campo. Así que uns equipos se arroupan con 5 defensas e outros, con 4. É máis habitual un 5-4-1 ou un 5-3-2 en defensa, no que os ocos os tapan eses 5 xogadores. É como se está replegando o Chelsea, por exemplo, pero Guardiola ás veces prefire un 4-4-1-1.

En España nos anos noventa moitos equipos xogaban con este esquema, pero era diferente: dous marcadores ao home, un libre e dous carrileros. Porque aquí logo se puxo de moda o xogo en zona e parecía que nesta só se podía xogar con 4 atrás. Así, mentres en España xogábase cun 4-2-3-1 ou un 4-4-2, en Europa seguiuse con 3 (ou 5) en defensa e agora os equipos españois están a volver ao 3-4-3, ademais de por o exemplo do Xirona, polo Chelsea, que quedou campión con este sistema, por Guardiola, por Mourinho, que tamén o utiliza.

Todos os sistemas deixan espazos e hai que buscalos. O 3-4-3 deixa espazos, non vou dicir onde. A clave radica no centro do campo. Un equipo con 3-4-3 xoga con só dous centrocampistas no medio, polo que se o rival ten 3 aí, xa dispón de superioridade. Ao final, elixir un sistema ou outro é buscar onde o rival ten un xogador menos e que ti trates de ter aí uno máis. O fútbol cambiou moito e estúdase o sistema e como facer dano ao rival. Antes mirábase máis como facer dano ao contrario, a tal ou cal xogador máis limitado. Agora atácase directamente ao sistema e aos espazos.