Medio século de fútbol e un gol para a historia

David Pou

TORRE DE MARATHÓN

O antigo centrocampista brasileiro cumpre hoxe, 12 de xaneiro, 50 anos, coincidindo no aniversario do seu único gol ante o Valencia

12 ene 2018 . Actualizado ás 19:42 h.

Un dos momentos máis arraigados na historia do deportivismo é aquel penalti no último minuto do último partido contra o Valencia. Djukic lanzou o esférico, o porteiro che parouno, e o Deportivo non puido alzar aquel ano o título de Liga . Curiosamente nesa mesma tempada, no último partido da primeira volta que enfrontaba aos coruñeses contra os valencianos en Mestalla, o Deportivo deu a volta a un partido que comezara con derrota visitante e Mauro Silva marcou un gol. Foi o único tanto que anotou coa camiseta deportivista. Era sábado 15 de xaneiro de 1994. 

Nese partido o Valencia conseguía adiantarse no marcador no minuto 51, pero abondaron dous minutos para que aquel Deportivo igualase o encontro. Falta na banda dereita. Balón colgado á área che que a defensa valencianista rexeita mal, Voro pon o esférico de cabeza nas botas de Mauro e o centrocampista remata coa zurda e bate a González, o mesmo que parará aquel famoso penalti. Minutos máis tarde Bebeto adiantaría ao cadro visitante e finalmente Claudio sentenciaría o encontro. Este partido pasaría á posteridade, grazas ao gol do «6» deportivista. 

24 anos despois o Deportivo volve enfrontarse ao Valencia na mesma xornada e cunha situación ben diferente. Un día antes deste encontro, Mauro Silva cumpre 50 anos. O que foi un dos alicerces do Superdépor celebra hoxe, 12 de xaneiro, o seu medio século de vida. O brasileiro debutou no Guaraní, equipo brasileiro onde xogou os seus dous primeiros anos como profesional para despois irse a o Bragantino. Chegou á Coruña con 23 anos para defender o escudo herculino durante 13 tempadas consecutivas e acabar retirándose do fútbol co seu «6» ás costas. Chegou a Galicia xunto a Bebeto e retiraríase con Fran no último partido da tempada 2004-2005. Volveu 12 anos despois para recibir a súa merecida homenaxe en Riazor pero foi na súa segunda tempada cando viviu aquel penalti. Tamén ese mesmo ano converteríase en campión do mundo coa súa selección.  

O Deportivo de hoxe volve medirse ao Valencia en busca dun agasallo de aniversario para o mellor mediocentro da súa historia e dunha alegría para a súa afección. Esta vez en Riazor, esta vez sen Mauro.