Sorprendente serenidade

Paco Liaño

TORRE DE MARATHÓN

16 oct 2017 . Actualizado ás 17:08 h.

or moitas cualidades que poida ter Francis, que ninguén discute que as teña, debutar en Primeira División con 18 anos non é tarefa sinxela para ninguén. Aínda que sexas buenísimo, os nervios pódenche xogar unha mala pasada. Mesmo, nin sequera os nervios. A mocidade acaba levar a cometer fallos. Por iso, sorprende moitísimo a serenidade coa que Francis afrontou o partido de Ipurua.

Non o coñezo persoalmente. Só podo falar do que vin nesta ocasión e de dous partidos que lle viu a tempada pasada co xuvenil de División de Honra, en senllas visitas a equipos cántabros. Pero xa chamaba a atención.

E en Eibar non defraudou. Non é Ipurúa, probablemente, o mellor campo para debutar en Primeira. Polas dimensións e pola presión que adoita facer o equipo rival. Pero Francis demostrou que transmite tranquilidade e iso é moi importante para un porteiro.

O que tivo que parar parouno e mesmo tivo un par de saídas nas que fixo boa a súa altura. Nada máis se lle pode pedir no seu debut. Tamén tivo unha acción na que viña despexada dun defensa e tirouse ben para blocarla. E a blocó. Son xestos que transmiten serenidade á defensa e iso axuda.

Confiemos en que o visto non sexa flor dun día e que aos poucos sigamos vendo a progresión dun porteiro con moi boa pinta.