Así foi o desembarco deportivista en Ipurúa

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

Lof

Máis de 300 afeccionados herculinos de dezaseis penas distintas animaron ao equipo en Eibar

15 oct 2017 . Actualizado ás 16:25 h.

O Deportivo levou un punto de Ipurúa, nunha visita na que unha fin# de semana se viu apoiada por centos de afeccionados que percorreron unha inxente cantidade de quilómetros para animar ao seu equipo.

Desde Madrid, desde Barcelona e por suposto desde A Coruña ata dezaseis penas déronse cita en Eibar, onde se xuntaron máis de 300 afeccionados herculinos, que se fixeron notar con gargantas e cánticos de ánimo desde un dos fondos de Ipurúa.

A cita non estivo exenta de polémica, xa que os minuciosos cacheos e unha mala organización provocaron que unha vez iniciado o partido, moitos seguidores deportivistas seguían fóra do estadio agardando o permiso pertinente para ocupar as súas localidades.

O incidente non pasou a maiores e finalmente os afeccionados entraron nunha xornada de sol e fútbol que o Dépor non puido coroar cun triunfo.

Lof