A voda do ano no final de tempada de «Viradeira»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

-

O capítulo emítese esta noite en TVG ás 22.35 horas

17 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Por fin chegou o gran día. Dorneda acolle a voda o ano no capítulo que pecha a primeira tempada de Viradeira , esta noite en TVG a partir das 22.35 horas. Carmela, a dona do mesón, e Héctor, o científico que chegou á vila en busca dun tesouro, uniranse en matrimonio. Pero, lonxe de ser un día tranquilo para os noivos, os problemas xurdirán a cada paso.

Héctor está enfadado coa súa nai por ocultarlle a separación do seu pai e agora non quere que asista á cerimonia. Por parte, Carmela pensa en hipotecar o seu negocio para pagar a fianza do seu pai e conseguir que Manel saia do cárcere, e está tan preocupada que nin sequera ten moi claro en que vai acabar o da voda.

Doutra banda, en Dorneda celébranse as eleccións municipais o mesmo día, polo que os invitados están todo un pouco revoltos. Roxelio, alcalde saínte, dúbida da súa capacidade para vencer ao seu tío na loita pola alcaldía. Mentres, Encarna, a muller máis poderosa da vila, prepara un moi pouco lícito plan para, coa axuda de Macario e Chino , asegurar a vitoria de Muxo. Pode pasar de todo nas urnas...

Mentres, a procura do Augusta continúa e os trangalleiros dispoñen das coordenadas do pecio. Esta vez, con Héctor entretido coa súa propia voda, non deixarán pasar a oportunidade de facerse co tesouro.

Redes sociais: https://twitter.com/viradeira; https://www.instagram.com/viradeira/; https://www.facebook.com/Viradeira/.