O doutor Xurxo Prieto «salva» a vida dun personaxe de ficción en «TAC»

A súa incursión accidental nunha rodaxe convértese nun fenómeno en Internet

.

Redacción / La Voz

Televisión de Galicia emitirá este luns un novo capítulo da serie TAC (22.05 horas), produción de Voz Audiovisual, da Corporación Voz de Galicia. O doutor Losada segue empeñado e descubrir ao asasino de Marcos, o xerente do Francisco Balmis. Mentres tanto, o amor chega de novo ao hospital máis popular da canle autonómica.

Daniel segue empeñado na implicación de Lois na morte de Marcos, polo que se propuxo investigalo a fondo. E pronto as súas pescudas darán froito. Grazas á curiosidade do doutor Losada, esta semana saberemos algo máis da vida amorosa do novo cirurxián, o sedutor oficial do Francisco Balmis.

Pola súa banda Lois e Ánxela decidiu compartir con Vitu e Sara a gran noticia do seu embarazo. Ambos se alegrarán enormemente e animaranlles a fortalecer e formalizar a súa relación. Tamén Sara está de parabén, pois parece ter xurdido algo ente ela e Gabriel. Con todo as irmás Souto comparten unha preocupación que non lles permite gozar plenamente deste doce momento: ambas poderían ter herdado a enfermidade do seu pai: ELA.

Alleo a estas historias, o doutor Xurxo Prieto converterase esta semana en todo un fenómeno de YouTube, ao interromper por accidente unha rodaxe da famosa actriz Vera Dávila. Coa única intención de salvar a vida a unha suposta nova ferida, Xurxo confundirá ficción e realidade, para protagonizar unha das escenas máis reproducidas da Rede.

O papel de cirurxiá

Pero o seu calvario non fixo máis que empezar. Pronto, Vera aparecerá no Francisco Balmis cunha petición: que a prepare para o seu próximo papel de cirurxiá.

Moito máis novo é a protagonista da historia que ocupará a mente e o corazón de Enrique e Xabi: trátase de Natalia, unha nena de 12 anos. Natalia non ten familia e a súa curta vida pasouna de orfanato en orfanato. Unha vida que ademais corre perigo. Os médicos non se pon de acordo sobre cal é a mellor opción para ela: seguir coa súa medicación ou sometela a ou transplante. Un comité terá que tomar a decisión.

Baseada na serie Urxencia cero, TAC toma como escenario o hospital Francisco Balmis e apodérase dos seus médicos e pacientes para contar unha nova historia. As tramas desta ficción están cheas de comedia, investigación, suspense e, sobre todo, moito amor.

Para estar ao tanto de todos os segredos TAC, os espectadores poden consultar os perfís sociais da serie en Twitter  e en Facebook .

Votación
0 votos
Comentarios

O doutor Xurxo Prieto «salva» a vida dun personaxe de ficción en «TAC»