Xurxo Prieto, ¿sospeitoso de asasinato?

A aparición do corpo sen vida do xerente do hospital Francisco Balmis altera a vida en «TAC», un «thriller» con moito amor que emite hoxe TVG ás 23 horas


Redacción / La Voz

O Francisco Balmis abriu de novo as súas portas en Televisión de Galicia, esta vez para contar a historia de amor entre o doutor Daniel Losada e a doutora Laura Montes en plena investigación pola misteriosa morte do novo xerente do hospital.

A aparición do corpo sen vida de Marcos, o xerente do Francisco Balmis, alterou a vida de todo o centro. Pero as cousas puxéronse máis tensas aínda co traslado do doutor Xurxo Prieto á comisaría para tomarlle declaración sobre o caso.

Enrique, o novo xefe de cirurxía cardiotorácica, deixou estrañados a Sara e Lois ao dicirlles que non está dispoñible para operar. Existen motivos de peso para que non queira facerse cargo dun quirófano, pero eles descoñécenos. Un lamentable suceso vivido en Siria , o seu último destino en misión humanitaria, causoulle un profundo trauma, que lle impide operar e cuxo dor soa é capaz de mitigar con alcol.

Pola súa banda Roi, a nova promesa do fútbol, sufriu unha recaída que o levou de novo ao Francisco Balmis. As substancias que lle inxectou o seu pai agravaron o seu estado de saúde e só un transplante pode salvalo.

Tras a morte de Marcos, Ánxela recuperou o seu posto á fronte do hospital. Pero si antes era esixente consigo mesma, agora, ademais, o será con todos os traballadores. Pero para a súa parella, o doutor Lois Ferreiro, tanta presión será motivo máis que suficiente para propor un descanso na súa relación, polo menos ata que se estabilice a súa situación laboral.

Baseada na serie Urxencia cero, TAC, que se emite esta noite ás 23 horas, toma como escenario o hospital Francisco Balmis e apodérase dos seus médicos e pacientes para contar unha nova historia. As tramas desta ficción están cheas de comedia, investigación, suspense e, sobre todo, moito amor.

O auténtico Francisco Balmis

Para crear o centro hospitalario no que transcorre a ficción de TAC , o equipo da serie desprazouse ata o balneario de Guitiriz, en Lugo, cuxas fachadas e xardíns deron vida ao exterior do hospital máis famoso de TVG. Con todo, os corredores, despachos, cuartos e salas de espera do complexo levantáronse nos estudios que a produtora Voz Audiovisual, da Corporación Voz de Galicia, ten no polígono da Grela da Coruña.

Dous lugares que, pola maxia da televisión, fundíronse de tal xeito que os médicos do Balmis podían acceder en segundos desde Las Vegas, a sala onde pasan os seus momentos de relax entre operación e operación, sita nos estudios da Coruña, ata a terraza que acolle as maiores confidencias da serie e que se atopa no máis alto do edificio de Guitiriz .

Tamén grazas á maxia da televisión, os seguidores de TAC viaxan cada semana, entre secuencia e secuencia, ata o Centro Tecnolóxico de Formación do Chuac, na Coruña. Alí atópanse os quirófanos e UCI do Francisco Balmis; os únicos espazos da serie que son realmente como aparecen na ficción.

O nome do hospital procede de Francisco Balmis, o médico que salvou a América das vexigas, ao levar a uns nenos de cásaa berce da Coruña ata o novo continente coa vacina nos seus brazos. O barco que os transportou chamábase María Pita.

A novidades da serie, ao día

Para estar ao tanto dos segredos de TAC , os espectadores poden consultar os perfís sociais da serie: en Twitter e en Facebook.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Xurxo Prieto, ¿sospeitoso de asasinato?