Abelardo necesita axiña un corazón

n. branco REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

SANDRA ALONSO

Hoxe en «Urxencia Cero» un menor chega ao hospital cun pai que non é quen di ser

17 abr 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Un caso moi estraño sorprende ao equipo de Urxencia Cero no capítulo de hoxe da serie producida por Voz Audiovisual para a TVG. A partires das 22.05 horas, na canle autonómica os traballadores do hospital Francisco Balmis terán que facer fronte á chegada dun menor que necesita axiña un transplante de corazón. O cativo chega co seu pai, sen embargo, algo non vai ben, pois non atopan o seu historial médico.

De contado comezan a sospeitar que o pai, Joaquín, que descoñece a doenza que padece o fillo, non é realmente quen di ser. Vitu descubre que trátase dun secuestro. Joaquín so é o pai biolóxico de Abelardo, un neno que foi adoptado. Pero agora o máis importante é que chegue un corazón para o enfermo.

O Francisco Balmis é unha auténtica ola a presión, pois ademais deste caso hai outra fronte aberta. Rebeca, unha muller que necesita un fígado, ingresa de urxencia. Pero Muíños e Laura descobren que esconde algo. Os facultativos de Urxencia Cero sospeitan que puido tentar suicidarse. De ser certo iso, terían que negarlle o transplante do órgano. Unha situación difícil e polémica na que o peso da ética ten a súa importancia.

Mentres, Alicia prosegue coa súa labor de voluntaria no hospital. Ándalle na cabeza a situación persoal dun paciente en estado catatónico que non recibe ningunha visita. Semella que non ten familia nin amigos. Alicia remexe no seu pasado e atopa unha fotografía que revelará que trátase dun actor cunha historia abraiante.

Mais non todo é traballo para os protagonistas desta ficción galega, pois Daniel Losada terá diante de si un gran reto que non ten nada que ver coa saúde e que, para el, supera calquera intervención cirúrxica cotiá: vai coñecer aos pais de Laura. Operar un cuádruple baypass é moi complicado, pero cear cos teus sogros aínda é máis. Deste xeito pensa Losada.

Proxección en Cannes

A serie de ficción Urxencia Cero ven de aproveitar a feira internacional de Cannes (MIPTV), na que tivo unha excelente acollida, para publicitarse fóra de Galicia, Presentouse na cidade francesa baixo o título inglés The Waiting List, principiando a súa comercialización no exterior da man da distribuidora Imagina Internacional Sales.

Unha ficción de servizo público

O director de Voz Audiovisual, Carlos Carballo (cuarto pola esquerda) e a actriz Paula Morado destacaron Urxencia Cero como ficción que promociona a doazón, en clausúraa das Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal, da Federación Alcer Galicia, en Santiago.