Patrocinado por:

Nova caída masiva e mundial de WhatsApp, Instagram e Facebook

Uxía Rodríguez Diez
UXÍA RODRÍGUEZ REDACCIÓN

LECER\

Maria Pedreda

A compaña de Mark Zuckerberg aínda non deu ningunha explicación

14 abr 2019 . Actualizado ás 20:35 h.

Unha nova caída masiva a nivel mundial. Sen WhatsApp, sen Instagram, sen Facebook. É dicir, sen o servizo de mensaxería instantánea máis utilizado e sen dúas das redes sociais por excelencia.

Este domingo, Mark Zuckerberg volveu a deixar «desconectados» a millóns de usuarios en todo o mundo. É a segunda vez en tan só un mes e a cuarta desde setembro.

O fallo comezou ao redor das 12.45 do mediodía. WhatsApp non deixaba mandar ningún tipo de mensaxe nin arquivo. Os textos, as notas de voz, as fotografías, os vídeos ou os Gifs quedaban nas pavías: «erro ao enviar». En Instagram, non se podían compartir nin imaxes nin historias e a Facebook era imposible acceder. Tampouco funcionaba Messenger (vinculado a Facebook).

O problema comezou a arranxarse sobre as 15:00 da tarde. Máis de dúas horas de «apagamento» nas que España foi un dos principais países afectados. Ademais, os servizos tamén fallaron no centro de Europa (con reportes en Reino Unido, Italia, Portugal, República Checa ou Austria), no sueste asiático e nalgúns puntos dos Estados Unidos e Brasil.

Que pasou? É unha pregunta sen resposta oficial. polo menos, por agora. A compaña de Zuckerberg non se pronunciou. Mentres, os usuarios recorreron á súa «competencia» para deixar constancia das queixas e intentar buscar explicacións. Twitter e Telegram convertéronse na alternativa.

A páxina web DownDetector, que rexistra os problemas de servizo experimentados polos usuarios a nivel mundial en webs e aplicacións de todo tipo, revelou que nesas dúas horas as queixas aumentaron un 2.500%.

O pasado 13 de marzo, produciuse unha caída parcial de Facebook que tamén afectou a Instagram e WhatsApp e que durou 22 horas. Naquela ocasión, a firma que dirixe Zuckerberg explicou que a incidencia foi causada por un «cambio na configuración do servidor» que tivo repercusións en países de practicamente todo o mundo.

Con máis de 2.300 millóns de usuarios a nivel global e máis de 18 millóns en España, a rede máis prexudicada foi Facebook.

Seguiulle WhatsApp, con máis de 1.500 millóns de usuarios. É a aplicación de mensaxería instantánea máis utilizada en todo o mundo e en España contabilízanse 25 millóns de usuarios.

Pola súa banda, Instagram, a gran rede social de fotos, ten máis de 1.000 millóns de usuarios, que suman en España máis de 15 millóns.

Mark Zuckerberg, fundador de Facebook, adquiriu Instagram en 2012 e en 2014 fixo o propio con WhatsApp. Agora, planea integralos nunha gran plataforma de mensaxería.

Os escándalos de Facebook

A compaña hase visto salpicada por multitude de escándalos relativos á súa xestión da privacidade dos datos dos usuarios durante os últimos meses. A maior polémica á que tivo que facer fronte foi en marzo do ano pasado. Desvelouse que a consultora británica Cambridge Analytica utilizou unha aplicación para recompiar millóns de datos de internautas da plataforma sen o seu consentimento e con fins políticos.