Patrocinado por:

Twitter reduce a 400 as contas que un usuario pode seguir nun mesmo día para evitar o spam

La Voz REDACCIÓN

LECER\

Thomas White | Reuters

A rede social toma esta medida para localizar e reducir o número de persoas que comenten estas prácticas fraudulentas

10 abr 2019 . Actualizado ás 08:12 h.

Twitter reduciu de 1.000 a 400 o número de contas que un usuario pode seguir nun mesmo día; xa que o «seguir» e o «deixar de seguir» a unha mesma conta moitas veces nun curto período de tempo é unha das técnicas máis usadas polos spammers, segundo informa Europa Press. A través dun chío publicado este luns pola conta de seguridade de Twitter , a rede social quixo notificar aos seus seguidores desta nova medida, que ten como obxectivo o localizar e reducir o número de persoas que fan spam.

Os spammers son aqueles usuarios que envían cantidades moi altas de correo ou outro tipo de contido lixo. Esta especie de piratas informáticos adoitan «seguir e logo deixar de seguir a un gran número de contas nun esforzo por inflar o propio número de seguidores» explícase no centro de axuda de Twitter .

Nun esforzo por evitar este tipo de abuso, a rede social decidiu modificar a limitación do número de contas que se poden seguir en 24 horas; esta limitación que antes estaba establecida en 1.000 agora redúcese a 400. Estas prohibicións fanse co fin de «promover experiencias auténticas» como declara a compaña no centro de axuda.