Patrocinado por:

Os menores de 16 anos non poderán utilizar WhatsApp

LA VOZ

LECER\

MONICA IRAGO

A aplicación de mensaxería móbil elevará a idade mínima para o seu uso nas próximas semanas

17 abr 2018 . Actualizado ás 07:27 h.

A imaxe de adolescentes enviando mensaxes cos seus teléfonos móbiles no instituto podería pasar á historia. Polo menos segundo os termos de servizo que WhatsApp prevé introducir nas próximas semanas.

Así o avanzou o portal especializado WABetaInfo en Twitter. «Para respectar os termos de servizo (que estarán dispoñibles antes do 25 de maio), Whatsapp requirirá ter polo menos 16 anos para usar o servizo», sinala na mensaxe. 

A idade actual recollida na información legal sobre o uso da aplicación, establece en España unha idade mínima de 13 anos. Con todo, non é posible controlar a idade dos usuarios desta aplicación e é común que os menores de 13 anos conten con este servizo instalado nos seus teléfonos.

A descarga de WhatsApp pide aceptar os termos de condicións de uso, nos que se recolle a idade mínima para a súa utilización. O cambio, xa que logo, resultará pouco efectivo na limitación.