Patrocinado por:

Watch Party, a nova función de Facebook para ver vídeos en grupo

Cecília Láua / A. M. REDACCION / LA VOZ

LECER\

Rolf Vennenbernd / Dpa

Agora os vídeos poderán ser compartidos, vistos e comentados entre amigos en tempo real

18 ene 2018 . Actualizado ás 17:43 h.

Despois dos recentes cambios no seu algoritmo, Facebook anunciou un novo servizo que permitirá aos usuarios da rede social interactuar dunha forma diferente. Watch Party permite que un grupo de amigos vexan ao mesmo vídeo ao mesmo tempo e interactúen entre eles, póidano comentar e compartir. 

Segundo a companía de Mark Zuckerberg, a nova ferramenta xorde para facer da experiencia de ver vídeos máis divertida e menos pasiva. «Cando pensamos en vídeo para Facebook, nós enfocámonos en crear experiencias para achegar as persoas e incentivar a conexión humana en vez do consumo pasivo», escribiu a vicepresidente de Produtos do Facebook, Fidxi Simo, nunha publicación.

Como vai funcionar? Para iniciar unha sesión de Watch Party, o xestor ou moderador do grupo selecciona un ou máis vídeos e publícaos na charla. Cando empeza a reprodución os membros do grupo van ver un alerta e axiña que se apunten xa poderán acceder ao mesmo contido que os seus compañeiros. A interacción cambia de acordo coa pantalla. Se se accede desde  o computador, os comentarios e as reaccións van aparecer a dereita. Pero, se se ve no móbil, os textos van por amais do vídeo.

A aposta inicial é que a nova función teña máis éxito con Facebook Live, xa que este formato atrae un fluxo de persoas seis veces maior que o resto de vídeos.