Patrocinado por Patrocinadopor

Sesenta proxectos de transformación de produtos do mar accederá a axudas por 21 millóns

La Voz SANTIAGO

SOMOS MAR

Martina Miser

A empresa Auxiliar Conserveira, de Redondela, recibirá 4,7 millóns para a modernización das súas instalacións

29 jul 2021 . Actualizado ás 22:16 h.

O Consello da Xunta analizou na súa última reunión antes do parón por vacacións as axudas para as empresas de transformación de produtos do mar. Cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a achega acada os 21 millóns de euros para este ano e o seguinte, e a Xunta achegará o 50 % do importe subvencionable duns sesenta proxectos. Os beneficiarios son pequenas e medianas empresas que realicen investimentos que contribúan a aforrar enerxía, mellorar a seguridade, optimizar os procesos de transformación e contar con novos produtos. 

Dos proxectos aprobados, o Goberno galego destaca o promovido pola firma Auxiliar Conserveira SA, de Redondela, que vai recibir 4,7 millóns para impulsar melloras por 9,6 millóns. O destino dos fondos, neste caso, será para a súa adaptación tecnolóxica. 

En total, estas convocatorias, que se repiten desde o ano 2016, beneficiaron a 280 iniciativas por preto de 80 millóns de euros, e os investimentos globais, contando coas agora aprobadas, rolda os 180 millóns.