Patrocinado por Patrocinadopor

O Padroado de Exponav busca fórmulas para manter a institución

La Voz FERROL

SOMOS MAR

CEDIDA

A entidade aprobou as contas do 2020

19 jun 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Padroado da Fundación Exponav aprobou por unanimidade as contas correspondentes ao ano 2020 e estudou, na reunión mantida esta semana, novas fórmulas para o sostemento da institución, que xestiona o Museo da Construción Naval.

Esta análise, sinalan, é «necesario» para poder «darlle estabilidade e continuidade ao propio museo á marxe dos concertos que na actualidade mantén con distintas administracións, xa que estes non cobren os gastos de funcionamento diario».

Iniciarase unha rolda de participación dos patróns co fin de que a mediados de xullo haxa unha solución consensuada.