Patrocinado por Patrocinadopor

Última hora:
La gallega Jéssica Bouzas gana a Paula Badosa y avanza en el Másters de Madrid

O Porto de Vigo obtén financiamento da UE para o seu proxecto ambiental Living Ports

L.C.LL. VIGO

SOMOS MAR

Cedida

Colocarán grandes paneis para facilitar a colonización de flora  e fauna na Laxe e noutros puntos da ría

18 jun 2021 . Actualizado ás 01:49 h.

O Porto de Vigo investirá tres millóns de euros en melloras ambientais dentro do proxecto Living Ports, financiado pola Unión Europea. A iniciativa executará actuacións a gran escala en dúas localizacións portuarias. A primeira delas é unha estrutura de 310 metros cadrados sobre a parede da dársena da Laxe, no Peirao de Transatlánticos, para facilitar a colonización de fauna e flora no intermareal e onde se instalará oun visor submarino, deseñado polo estaleiro vigués Cardama, que facilitará a súa observación. A segunda actuación consistirá na instalación de 100 estruturas intermareales que proporcionarán unha mellora na estabilización costeira creando simultaneamente novos hábitats e fomentando a biodiversidade na zona. As estruturas son unha imitación dos arrecifes naturais feitos cun material de laboratorio da empresa Econcrete, de Israel.

 Durante os tres anos de duración do proxecto (2021-2024), a Universidade Técnica de Dinamarca liderará a monitorización estrutural e biolóxica. Un equipo de expertos italiano avaliará, ademais, a redución de contaminación acústica asociada coa proliferación de organismos mariños nos paneis.

 A Autoridade Portuaria de Vigo, presidida por Jesús Vázquez Almuiña, continúa así coas súas accións de Crecemento Azul e redución de impacto ambiental do programa denominado Peiraos do Solpor, no que se integra este proxecto. A última fase de leste finalizará cunha actuación no dique de Bouzas . Trátase de varias estruturas, pantaláns e observatorios para fomentar o ecosistema costeiro e a divulgación dos seus valores á cidadanía. Actualmente, está a redactarse o proxecto de execución.