Patrocinado por Patrocinadopor

As covas mariñas das illas Cíes convértense en humidais de importancia internacional

La Voz

SOMOS MAR

Cedida

O Consello de Ministros aproba a inclusión do parque nacional na lista Ramsar

20 abr 2021 . Actualizado ás 23:14 h.

O Parque Nacional das Illas Altánticas entra na lista Ramsar, que recolle os humidais de importancia internacional. A incorporación foi aprobada esta mañá polo Consello de Ministros na súa reunión semanal a proposta da Xunta de Galicia. As extensa rede de covas mariñas que se localizan nas illas Cíes e Ons, un exemplo raro, único e representantivo, foi determinante. Tamén a espectacularidade paisajísticad das illas, coa súa combinación de mar e pedra, contribúen a definilo como un espazo excepcional cun elevado valor faunístico e florístico, cunha especial riqueza de invertebrados e algas.

O humidal proposto pola Xunta e que agora ten categoría internacional alberga de forma regular gaivotas patiamarillas e corvos mariños moñudos, talvez as dúas especies máis representantivas do conxunto do parque nacional, que ten unha superficie de 8.400 hectáreas e non hai que esquecer que o 86 % están baixo a auga.

ESPELEOCLUB ARADELAS