Casa Barbeiro S.L. de Alfoz suma dúas distincións, como empresa gacela e por alta produtividade
GANDERÍA
O grupo gandeiro que hai un mes ampliou negocio abrindo unha queixaría foi recoñecido no informe Ardán
14 nov 2025 . Actualizado á 09:20 h.Casa Barbeiro S.L. volve figurar no Informe Ardán Galicia, elaborado polo Servizo de Estudos do Consorcio da Zona Franca de Vigo e que analiza a situación económica e competitiva.
O grupo gandeiro, con explotacións en Alfoz e Ribadeo, que suma ao redor de 1.050 cabezas de vacún de leite e que ampliou recentemente o seu negocio coa apertura en Alfoz da queixaría Leira Casa Barbeiro, logrou outro ano máis a distinción para Casa Barbeiro S.L. como empresa gacela e incorpora a mención por alta produtividade, segundo confirmaron fontes do grupo.
Casa Barbeiro S.L. foi recoñecida como empresa gacela ao presentar unha taxa de crecemento dos seus ingresos de explotación por amais do 25% durante tres anos consecutivos, «sempre que o importe dos ingresos do primeiro ano de análise supere os 300.000 euros». O período de referencia que se ten en conta é o 2021-2023.
A maiores, Casa Barbeiro S.L. foi distinguida como empresa de alta produtividade ao presentar «durante tres anos consecutivos un valor engadido bruto por persoa empregada por amais do percentil 75 do sector no que operan e unha taxa de crecemento superior ao 10% durante os tres anos de estudo. Os persoais deben superar os cinco empregados en cada un dos tres anos de estudo». O período de referencia foi o de 2021-2023.
