Patrocinado por Patrocinadopor

Asaga cre que son as comunidades máis afectadas por ataques de lobo as que deben decidir sobre a súa protección

Somos Agro REDACCIÓN

GANDERÍA

Montes donde suelen campar los lobos
Montes onde adoitan campar os lobos PEPA LOSADA

Pide ao Ministerio que paralice a tramitación para incluír esa especie no Lespre

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O 95 % das poboacións de lobo da Península ibérica están ao norte do río Douro. Por iso, a xuízo da Asociación Agraria de Galicia son esas comunidades, as máis afectadas os seus ataques, as que deben decidir sobre aumentar, ou non, a protección desta especie.  Por esa razón, lamentaron nun comunicado que o Ministerio de Transición Ecolóxica e reto demográfico continúe coa idea de incrementar o seu nivel de protección.

En febreiro foron catro as comunidades _Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León_ que manifestaron ser contrarias a esa medida. A elas sumáronse agora País Vasco, Aragón, Madrid, Murcia, Andalucía, Navarra e a cidade autónoma de Ceuta.  É por iso que desde Asaga invitan o departamento que dirixe Teresa Rivera que paralice a tramitación do cambio normativo polo menos, ata que se aprobe co consenso necesario a nova Estratexia nacional de Xestión e Conservación da Especie.