Patrocinado por Patrocinadopor

O déficit da balanza comercial láctea engorda co queixo

M. C. REDACCIÓN

GANDERÍA

No 2019 España importou dúas veces máis do que exportou

02 abr 2020 . Actualizado ás 20:28 h.

 Aos españois gústalles o leite. Tamén o queixo ou facer galletas con manteiga. Os datos que manexa o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, falan de que en España producimos só un 75 % do leite e derivados que consumimos. Por iso é polo que a nosa balanza comercial saia a deber. Pero onde esa diferenza é especialmente rechamante é no campo dos queixos. Porque aínda que España en xeral e, Galicia en particular, elaboran queixos capaces de competir con calquera produto das mellores tendas gourmet, o volume de toneladas deste derivado que chegan do estranxeiro é enorme. O ano pasado, por exemplo, España exportou, en base aos datos que manexa o Ministerio de Agricultura, 107.580,99 toneladas de queixo, pero ao mesmo tempo importou dúas veces máis ata acadar as 309.743,13 toneladas.

Boa parte das 202.162,14 toneladas de déficit correspóndense, segundo explica Roberto Garcia, con queixos en barra que chegan a España de países con excedentes como Alemaña. A cuestión que se expón o secretario xeral de Unións Agrarias é por que non facemos o mesmo, é dicir exportar máis cantidade de produto con valor engadido e non querdarnos unicamente con leite líquido. Porque nos únicos apartados nos que a balana sae a favor de España é no de leite concentrado (52.022,81 toneladas), lactosuero (7.638,07 toneladas) ou leite en cisterna desnatada (2.204,86).

Por iso é polo que transformar para dar valor engadido a produtos de alta gama susceptibles de ser colocados noutros mercados é unha das mellores saídas para a materia prima que se produce en Galicia. Nesa liña están proxectos como o da nova planta de transformación que pretende sacar proteina de leite en Curtis ou os proxectos de cada vez máis granxas ou sociedades