Patrocinado por Patrocinadopor

O interese por «saber ou que comes» mantén as hortas para autoconsumo

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA / LA VOZ

GANDERÍA

ALBERTO LÓPEZ

Coincidindo co avance da primavera, o mercado de Castro Ribeiras de Lea, en Lugo, ofreceu onte plantas de remolacha para alimentar ao gando, verzas...

16 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Avanza a primavera, chegan refachos de tempo estival, e os que teñen un terreo de horta xunto á súa casa non perden a ocasión de comprar plantas para iniciar pronto os cultivos. Un día como o de onte no mercado de sirve Castro de Ribeiras de Lea para coñecer as preferencias de quen se porán ao choio nas próximas semanas.

De acordo cos comentarios dos vendedores, hai nos compradores un interese por consumir hortalizas de confianza, cultivadas a pouca distancia do domicilio... Queren produtos de proximidade. Pero tampouco faltan os que son hortelanos a tempo parcial por outros motivos.

«A como vai a remolacha?», preguntaba onte, xa pasado o mediodía, un comprador a un vendedor chegado de . Outeiro de ReiNeste caso, explicaba o dono da mercancía, o interese por este cultivo está no uso que lle dan para alimentar ao gando. Porque a variedade que alí vendían non é para consumo humano como a remolacha de mesa. 

«O que non ten gando... para que a quere?», reflexionaba o vendedor co autor da información. O prezo, doutra banda, era de 10 euros por cada cen plantas. Tras ter quedado atrás o mediodía, parte da mercancía xa se vendeu, pero aínda quedaba un feixe á espera dun comprador interesado.

A poucos metros, na mesma carballeira á que cada mércores acoden os vendedores, había verzas. A remolacha empezará pronto o seu cultivo para estar lista en outubro, mentres que a verza se recolle practicamente todo o ano. Co grelo xa esgotado desde hai semanas, un feixe de verzas, dun quilo de peso, vendíase onte a 0,80 euros.

Ademais a chegada da primavera eleva a demanda de plantas de leituga ou de pemento. Explicábao Muriel Maseda, que chega cada mércores de Mondoñedo con gran variedade de plantas. Xentes da zona son os seus clientes, con predominio dos que teñen como mínimo mediana idade e conservan o hábito de preparar algo de horta cando vén o bo tempo. «Traballo dá, pero sabes o que comes», dixo.