Patrocinado por Patrocinadopor

O Incio e Mazaricos acollerán a semana que vén cursos para mellorar o aproveitamento dos soutos

Somos Agro REDACCIÓN

FORESTAL

LOLITA VAZQUEZ

O martes impartirase no concello lucense e o venres no municipio coruñés. Calquera interesado pode inscribirse a través do correo formacion.agacal\xunta.gal ou chamando a o 881 997 279

04 ago 2021 . Actualizado ás 13:35 h.

Galicia ten unha potente indusrtia da castaña e precisa froitos para fornecela. Por esa razón e independentemente da promoción de novas plantacións de soutos, desde a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) puxeron en marcha unha serie de cursos para mellorar o aproveitamento dos soutos que hai en distintas partes da comunidade. A semana que vén impartiranse dúas. O primeiro será o martes no local multiusos Cruz, no concello lucense do Incio en horario de 16 a 20 horas. O segundo celebrarase o venres no local social de Lugarnovo do concello coruñés de Mazaricos. Comezará ás 16.30 e estenderase ata as 20.30. 

O programa destes seminarios abordará asuntos como a comercialización, a gama de produtos que poden derivarse da castaña, os circuítos de venda, a industrialización, os mercados, os modelos de xestión, as variedades priorizadas de castaña e as pragas. A idea é ofrecer información sobre as tendencias no sector aos produtores de castaña para que orienten as súas plantacións aos mercados e poidan afrontar a afectación ás árbores. Os interesados en participar no curso poderán inscribirse a través do correo electrónico formacion.agacal\xunta.gal ou chamando ao número 881 997 279.