Patrocinado por Patrocinadopor

Silleda 3 de agosto: A cotización medio dos animais de Tenreira Galega Suprema supera os mil euros

La Voz

COTIZACIÓNS

As reses da IXP vaca e Boi d Galicia acadaron os 1.939,75 euros

03 ago 2021 . Actualizado ás 21:06 h.

A cotización media de animais acollidos á IXP Tenreira Galega Suprema superou este martes a barreira dos 1.000 euros, unha cantidade pouco habitual nos últimos meses. En concreto o prezo acadado foi de 1.023,14 euros. Tamén foi elevada a media de prezo obtida polos animais de Vaca e Boi de Galicia, que chegaron aos 1.939,75 euros. 

Desde o mercado dezán anunciaron tamén que o día 31 de agosto non celebrarán o mercado debido á feira Semana Verde, mentres que na primeira feira de setembro só acudirán becerros de recría.