A asociación de produtores de aceite e oliva de Galicia: «O noso obxectivo é protexer e acompañar a este pequeno sector»

Maruxa Alfonso Laya
m. alfonso REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

Santi M. Amil

A organización celebrou a súa asemblea xeral na sede do CSIC en Pontevedra e reelixiu á actual directiva, presidida por Alfonso Rodríguez Udías

18 jul 2025 . Actualizado á 09:50 h.

Fai xa máis dunha década que un grupo de produtores de aceite de Galicia decidiu fundar a Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia, con sede en Ourense. Desde entón, o sector creceu considerablemente e, actualmente, a entidade conta xa con 140 socios. Esta mesma semana, a agrupación celebrou a súa asemblea xeral no Pazo de Salcedo, sede da Misión Biolóxica de CSIC en Pontevedra. Alí aprobáronse as actas e as contas e reelixiuse á actual directiva. Esta manifestou a súa intención de «protexer e acompañar a este pequeno sector», asegurou o presidente, Alfonso Rodríguez Udías.

O obxectivo deste encontro era, por unha banda, dar o visto e prace ás actas e ás contas dos tres últimos anos, así como debater o plan para o próximos exercicio. «A oliviera en Galicia é un sector moi pequeno e disgregado por distintas zonas, con resultados e rendementos diferentes», asegurou o reelixido presidente. Isto provoca que os retos para estar agrupados multiplíquense, «pero tamén fai necesaria unha ferramente que conecte, acompañe e oriente ao pequeno sector do aceite en Galicia», engadiu. Por iso, un dos obxectivos da entidade para os próximos anos será, precisamente, o de «protexer e acompañar ao pequeno sector do aceite en Galicia, así como seguir a traballar na xestión das boas prácticas oliveiras que optimicen as plantacións dos asociados».

Na asemblea púxose de manifesto o labor didáctico da asociación que, desde os últimos anos, fai unha media de seis actividades formativas propias ao ano, ademais doutras divulgativas onde se presentan os aceites que presumen do selo que ten a asociación, Apag.gal, que garante a produción 100% galega destes  aceites de oliva virxe extras. Ademais, colabora con diferentes grupos operativos que están a traballar na optimización das oliveiras galegas e na recuperación das  variedades autóctonas.

Tras a reunión, os participantes visitaron as instalacións da Misión Biolóxica, onde se está traballando na reprodución das variedades de oliveira autóctonas. «Coñecer estas instalacións resultou unha actividade moi interesante para os asistentes, xa que puidemos comprobar da man de Carmen Martínez as plantacións de oliveira autóctonas nas que están a traballar», engadiu Rodríguez Udías. 

Apaga asegura que as principais zonas de Galicia produtoras de aceite son o sur de Lugo e Valdeorras. «A maiores, nos últimos lustros fóronse recuperando outras como Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro, O Rosal ou a zona do Deza», explica o presidente. Na súa opinión, actualmente hai dous tipos de produtores, «pequenas plantacións para autoconsumo, a maioría, e logo unha minoría que comenza a comercializar aceites de oliva virxen extra galegos». Tamén destaca que os aceites galegos caracterízanse  «por uns sabores únicos e singulares polo noso entorno atlántico, teñen moi boa aceptación nos consumidores».