Patrocinado por Patrocinadopor

Lola, o espumoso que nace da música

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

cedida

A adega Paco & Lola leva a innovación ás melodías e traxes da tradición galega para presentar o seu primeiro albariño con burbullas

13 novs 2021 . Actualizado ás 10:13 h.

Hai viños que esconden tras de si unha historia. Un relato que fai que cobre sentido todo o que os rodea. E Lola, o primeiro espumoso da adega Paco & Lola, é un claro exemplo diso. Este albariño con burbullas chega aos mercados falando de tradición e de innovación. Dous conceptos que se atopan tamén na música de Tanxugeiras ou no traxe de baile deseñado para a ocasión por Ërica Oubiña e Inti Núñez, dúas deseñadoras da Illa que vestiron coa imaxe da botella ao bailarín Xurxo Fernandes. E co Teatro Principal de Santiago como escenario, a música e o baile máis tradicionais de Galicia dan a coñecer a súa versión máis innovadora. Son a carta de presentación de Lola, un espumoso que recolle todo o saber dos viticultores da comarca do Salnés e éncheo de burbullas.

O primeiro espumoso de Paco & Lola pódese escoitar, bailar e ata tararear. Pero, sobre todo, pódese degustar. Está elaborado con uva albariña seguindo o método tradicional e é un brut único con 24 meses de crianza en rima. Só se elaboraron 8.282 botellas, que están á venda na web da adega desde última hora da tarde de onte. En nariz percíbense aromas de mazapán, bollería fina e un fondo mineral, mentres que en boca presenta unha burbulla fina e perfectamente integrada que lle dan unha elegancia innata. E elegancia tamén é o que transmite o anuncio para redes sociais que a adega deseñou para dar a coñecer un viño que aspira a facerse un oco importante nas comidas e ceas do próximo Nadal.

Lola é tradición e vangarda, música e moda. Porque o proceso de creación dun viño ten moito que ver con compor unha melodía perfecta na que nada desafine. Tanxugueiras pon a música nun anuncio no que o bailarín Xurxo Fernandes deléitanos cos seus movementos e loce un traxe deseñado para a ocasión por Ërica Oubiña e Inti Núñez. O seu vestiario está inspirado na botella de Lola e supón unha reinterpretación do traxe tradicional galego con toques contemporáneos. Saia, panos e unha camisa que loce o mesmo estampado que a botella de Lola demostran que nada aquí é casualidade. Nin sequera a saia que loce Fernandes. Porque Lola é ela, pero tamén el. Lola é quen ti queiras que sexa pero, sobre todo, é un espumoso elegante, libre de estereotipos e prexuízos que se mira no espello da tradición, pero que non se esquece nunca da innovación.