Patrocinado por Patrocinadopor

Dos 85 céntimos por litro do 2009, aos 2,93 que se rexistran na actualidade

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

CEDIDA

O Observatorio do Mercado do Viño conclúe que ao sector galego non lle afectou nin a crise do coronavirus, nin o Brexit, nin os aranceis dos Estados Unidos

23 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O informe do Observatorio asegura que, como resultado da diferente evolución en euros e litros das exportacións galegas, o prezo medio ao que as adegas poñen os seus viños nos mercados exteriores multiplicouse por catro en apenas doce anos. Así, aínda que a comunidade vende moita menos cantidade no exterior percibe moitos mellores ingresos por estas transaccións.

No ano 2009, o prezo medio dun litro de viño galego no exterior era de 85 céntimoss de euro, cifra que no Observatorio atribúen á crise que naquela época impactou sobre o conxunto dos viños mundiais, pero tamén a que entón a carteira de viños galega estaba máis inclinada cara aos de menor valor. Actualmente, ese mesmo litro de viño rexistra un prezo medio de 2,93 euros por litro. «Unha progresión extraordinaria, exemplo da tendencia máis recomendada polos expertos internacionais de premiumización das vendas, que, aínda que desexable, non sempre é doado de executar», asegura o OEMV.

Esta mesma entidade conclúe que nin a crise do coronavirus, nin o Brexit, nin os aranceis dos Estados Unidos tiveron efectos sobre as vendas exteriores dos viños galegos. E atribúe todos estes logros ao «bo traballo desenvolvido polas marcas, as adegas e denominacións de orixe galegas, que favorece a mellor presenza dos viños de Galicia no mundo, así como a súa imaxe», conclúe.