Patrocinado por Patrocinadopor

Aprendendo a producir cogomelos en San Sadurniño e Navia de Suarna

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

ALBERTO LÓPEZ

A Xunta organiza nas próximas semanas dous cursos para aprender sobre micoloxía

21 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería do Medio Rural ten previsto celebrar varios cursos sobre micoloxía e produción de cogomelos. O primeiro deles dará comezo o venres, día 22, na casa de cultura de San Sadurniño, e permitirá aos participantes iniciarse no mundo da micoloxía. O segundo, en cambio, celebrarase unha semana despois na casa Quindós de Vilela, en Navia de Suarna, e nel explicaranse os segredos da produción de cogomelos en troncos de madeira de carballo e de castiñeiro. 

O curso de San Sadurniño terá unha duración de 15 horas distribuídas en dous días. O seu obxectivo será o de dar leccionessobre aspectos fundamentais da micoloxía, como a identificación das diferentes especies ou a recolección e o cultivo dos cogomelos. O programa inclúe unha saída ao monte, un taller de cultivo de shiitake e de cogomelo ostra e unha degustación de produto en distintas receitas.

En canto á acción sobre a produción en troncos constará de 20 horas, que se repartirán en tres xornadas. Persegue dar a coñecer esta posibilidade produtiva e compatible coa explotación de madeira e co aproveitamento da castaña, dado o pouco investimento inicial que se precisa para introducirse no mercado dos cogomelos. Desta forma, o programa inclúe contidos como a produción, a colleita e a postcosecha, entre outras cuestións. O curso inclúe un taller de inoculación de shiitake e outro de cogomelo ostra. Os interesados en calquera destas dúas iniciativas poden obter máis información aquí