Patrocinado por Patrocinadopor

Unha cata para os viños da Ribeira Sacra

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

MARCOS MÍGUEZ

Medio Rural organiza dous cursos nos municipios de Taboada e Chantada

18 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería do Medo Rural impartirá a próxima semana dúas catas de iniciación aos viños da Ribeira Sacra. Estas accións formativas terán lugar o día 21 na casa consistorial de Taboada e o día 22 na de Chantada. Ambas serán en horario de tarde, de 17.30 a 21.30 horas. Os interesados en participar poderá inscribirse cubrindo o correspondente cuestionario que atoparán na web de Medio Rural

O obxectivo principal desta iniciativa é proporcionar coñecementos básicos de enoloxía e viticultura aos asistentes, ademais de ensinarlles as habilidades básicas da cata de viños para que saiban distinguir os atributos positivos dos negativos e ter un vocabulario acorde a este tipo de prácticas. O programa recolle unha parte teórica centrada nas peculiaridades das subzonas da Ribeira Sacra, pasando polas distintas tipoloxías de viño, a súa maduración e mesmo a súa etiquetaxe. A continuación, combinarase unha parte teórica-práctica sobre as distintas fases que compoñen unha cata, centradas na parte visual, olfativa e gustativa.